Somos especialistas en servizos e solucións para o aforro, a eficiencia enerxética e xeración distribuída, con ampla experiencia en empresas do sector servizos e industrial.
En TECXIA diferenciámonos polo know-how e o nivel innovador das nosas solucións, polo que apostamos pola investigación e o desenvolvemento de novos sistemas e tecnoloxías que contribúan dunha maneira práctica e útil a mellorar as instalacións, o benestar das persoas e a sustentabilidade do planeta.
Traballamos para ser unha compañía cun alto grao de compromiso ético e responsable con todos aqueles que formamos parte do equipo humano de TECXIA, así como con todos aqueles cos que nos relacionamos: clientes, proveedores, administración pública e con toda a sociedade en xeral..