best web authoring software

SERVIZOS
ENERXÉTICOS.

Medida, predición e xestión enerxética.

OPERACIÓNS DISPOÑIBLES

Estas son algunhas das tarefas que poderá realizar co módulo de xestión enerxética:
Predición enerxética

Proporciona información ao xestor enerxético sobre a demanda futura, axudando así na programación de horarios de consumo das cargas. Xestión da demanda, que ten como función principal a modificación dos patróns de consumo dos consumidores de enerxía eléctrica co obxecto de optimizar o funcionamento do sistema eléctrico.

Medida e monitorización

Medida e monitorización do consumo eléctrico xeral/por circuíto (parámetros eléctricos de tensión, corrente, potencia –aparente, activa e reactiva-, enerxía –activa e reactiva-, factor de potencia, corrente diferencial).

Xestión enerxética

Xestión enerxética (procedemento organizado de previsión e control do consumo de enerxía). Implica a monitorización e o control/modificación de todas aquelas variables que interveñen nos procesos, dende as condicións de contratación das distintas subministracións ata o funcionamento dun equipo de regulación.

Xestión da demanda

Ten como función principal a modificación dos patróns de consumo dos consumidores de enerxía eléctrica co obxecto de optimizar o funcionamento do sistema eléctrico.