free html web builder

AUDITORÍAS.

Estudo, análise e mellora das instalacións enerxéticas.

O PROCESO

Para a correcta realización dunha auditoría enerxética é necesario estudar a facturación de tódolos puntos de subministración, realizando unha análise da potencia contratada e rexistro dos consumos, estudo do consumo obxectivo e verificación de erros na facturación e selección da tarifa máis adecuada.

ASÍ ESTAMOS CAMBIANDO O XEITO DE AFORRAR.

Relación de puntos auditados e aforro acadado.

Redución do gasto enerxético e de mantemento.

0%

Ate un 70% en aforros de enerxía.

0%

Ate un 30% de aforro
en redución de potencia.

0%

Ate un 25% de aforro en mantemento.

TECXIA eNERGY AUDIT™.
Auditoría enerxética online.

QUE É?

TECXIA eNERGY AUDIT™ é un novo sistema online de visualización e xestión de auditorías enerxéticas. Acceda, coñeza e modifique os datos en calquera momento, lugar ou dispositivo.

QUE PERMITE?

Poderá obter información dos consumos actuais, previsualizar os aforros que obterá coas propostas presentadas, facer comparacións de amortizacións e investimentos, calcular a viabilidade dos presupostos e moito máis.

É FÁCIL?

O uso de TECXIA eNERGY AUDIT™ é extremadamente fácil e accesible incluso para xente non experimentada. Toda a información aparece estruturada de forma lóxica e clara para un acceso rápido aos datos.

FUNCIONALIDADES INCLUÍDAS

Estas son algunhas das tarefas que poderá realizar coa súa aplicación TECXIA eNERGY AUDIT™
Información subministracións actuais
Consumos, contratos e facturación

Acceda a todos os datos sobre as instalacións enerxéticas do seu concello e coñeza polo miúdo datos individuais de contratos, facturación e moito máis.

Plan de actuacións propostas
Investimentos e amortizacións

Coñeza con todo detalle o novo sistema proposto na auditoría. Previsualice a contía dos investimentos e o período de amortización estimado.

Edite e actualice os datos
Sistema de edición online

Actualice os datos dun xeito fácil en calquera momento, lugar ou dispositivo. Coa integración dos servizos de Google, garantímoslle unha produtividade máxima.

Resumos globais
Gráficas interactivas

Acceda a resumos dos datos máis salientables do seu sistema actual de instalacións enerxéticas a través de gráficas e presentacións interactivas automatizadas.